Festas

Parroquia de Santa María
- Conde Santo: celébrase o último Sábado de Agosto. Son as festas patronais do Concello. Celébranse na honra do conde Osorio Gutiérrez, máis coñecido como o Conde Santo, fundador do Mosteiro de San Salvador. Destacan, especialmente, dúas tradicións:
• Unha delas é o pasarrúas que tódolos dias efectúan os Cocos ou xigantes.
• A outra consiste na visita ao sepulcro do Conde Santo o Domingo despois da santa misa. Conta a lenda que, introducindo un dedo polo burato que se atopa na parte baixa do sepulcro, o que consiga tocar os ósos do Conde Santo verá cumprido un desexo. - Festa da Faba: Festa gastronómica que se celebra a primeira fin de semana de Outubro. Declarada de Interese Turístico Galego no 2001. Se desexa máis información pode visitar a páxina do Centro de Interpretación da Faba
- San Pedro Fiz (A Cazolga) : No mes de Agosto. Merendas e acampada libre na ribeira do Río Masma.
- Entroido
- Domingo de Piñata
- Festa do Maio: 1 de Maio. Celébrase a chegada da primaveira.
- Nosa Señora do Pilar (A Cazolga): 12 de Outubro.
- Sta. Cruz
Parroquia de San Xurxo

- San Xurxo: 23 de abril.
- Santa Isabel: No mes de Xullo.
Parroquia de San Tomé
- San Xosé (Oural): Primeira quincena de Maio.
- Nosa Señora da O: Segunda quincena de Maio.
- San Antonio: No mes de Xullo.
Parroquia de Santo Adrao
- Romaría das Cruces: No mes de Maio.
- Santo Adrao: 16 de Xuño.
- Santa Filomena: Primeiro fin de semana de Setembro.
Feiras e Mercados
- Celébranse o 9 e 28 de cada mes no recinto feiral.






