Rutas

Camino Norte

Camiño Norte

      Esta ruta de peregrinación cara a Santiago de Compostela conflúe en Lourenzá, a través de dous ramais:

  • Un deles entra en Galicia a través da Ponte dos Santos en Ribadeo, continuando polo Concello de Barreiros, ata Lourenzá, pasando pola capela da Santa Cruz e atravesando a antiga Ponte da Pedra.
  • O outro ramal entra dende o fondo da Ría de Abres, cara a Trabada, e ascendendo ata a capela de San Marcos, para descender posteriormente cara a Lourenzá.

      Unha vez chegados a nosa vila, pódese facer noite no albergue de peregrinos situado no lugar de A Gracia. O camiño de Santiago continúa ata o Concello de Mondoñedo, atravesando bosques frondosos e, dende aki, pódese gozar dunhas magníficas vistas panorámicas.

 

 

 

 

Ruta Pardo Cela

Ruta Pardo de Cela

      Debelle o seu nome ao Mariscal Pardo de Cela, nobre feudal do século XV, que foi axustizado en Mondoñedo por orde dos Reis Católicos e que exerceu un gran poder nas terras da mariña, ao ser un dos protagonistas das revoltas Irmandiñas.

      O Concello de Lourenzá incluese nesta ruta, que atravesa os concellos de Foz, O Valadouro, Alfoz e Mondoñedo, debido a que o Mariscal estaba moi vinculado a estas terras, dado que era protector do mosteiro beneditino de San Salvador.

 

Faba de Lourenzá

E.D. Lourenzá

Creada por Interdix Galicia