AS ESCOLAS FAN HISTORIA NO PRESTIXIOSO TORNEO INTERNACIONAL DE LUARCA CUN CAMPIONATO E UN SUBCAMPIONATO

Dende o pasado venres ata o domingo estiveron os equipos das Escolas Lourenzá Mondoñedo (Benxamín, Alevín, Infantil A, Infantil B e Cadete) disputando o prestixioso Torneo Internacional de Luarca de fútbol sala base.
Os alevíns e infantís chegarían a disputar a gran final, mentres que os benxamíns, infantil a e cadete caían na fase de grupos.
Os alevíns chegaban a final e vencían 2-1 á Paloma de Madrid; despois de eliminar en Cuartos ó Camargo de Santander e na Semifinal ó Sporting de Portugal. Os goles de Manu Río e Andrés subían o triunfo e o campionato ó equipo alevín nunha final moi disputada.
Ademáis, dentro da categoría alevín Hugo Rguez. recibíu o trofeo ó porteiro menos batido e Andrés López o trofeo de máximo goleador.
Os infantís non tiveron a mesma sorte que os alevíns na final e alzábanse co subcampionato diante tamén do equipo La Paloma de Madrid, caendo na final por un resultado de 6 a 3.
Dani Vidal conseguía o título de Porteiro menos batido e Iván Navia facíase co trofeo de Máximo goleador infantil.