A VIAXE Á NEVE E INICIACIÓN AO ESQUÍ ORGANIZADA POLO CONCELLO PARA O 5 DE MARZO NA ESTACIÓN ASTURIANA DE FUENTES DE INVIERNO XA TEN UNHA VINTENA DE INSCRITOS. O PRAZO PARA APUNTARSE REMATA O DÍA 27 DESTE MES

Lourenzá, 18 de febreiro de 2014. A viaxe á neve e iniciación ao esquí organizada polo Concello de Lourenzá para o día 5 de marzo, Mércores de Cinza, na estación asturiana de Fuentes de Invierno xa conta cunha vintena de persoas inscritas. O prazo para apuntarse remata o día 27 deste mes.

O monitor de ocio e tempo libre do Concello de Lourenzá, David Cabaleiro, explicou que “a viaxe consiste nun desprazamento en autobús, o forfait, o equipo de esquí e tres horas de clases cos mestres da escola de esquí. Para os nenos de entre 7 e 17 anos o prezo é de 45 euros e para os adultos, 50 euros. Hai prazas limitadas, que están suxeitas á orde de inscrición, e son necesarias un mínimo de 35 persoas para realizar a viaxe. Hai que apuntarse nas oficinas do Concello e facer o ingreso na conta das escolas deportivas que hai na Caixa Rural”.

Esta viaxe, organizada pola Delegación Municipal de Xuventude e Deportes, sairá as 7 da mañá dende o Cantón de Vilanova de Lourenzá, a onde está previsto regresar ás 21 horas do mesmo día 5 de marzo.