LOURENZÁ RECIBIRÁ A PAPÁ NOEL O VINDEIRO MARTES, DÍA 23, CON VARIAS ACTIVIDADES PARA NEN@S

O Concello de Lourenzá organiza varios actos con motivo da visita de Papá Noel o vindeiro martes, día 23. Anunciouno hoxe a concelleira de Educación e Cultura, Lupe Flórez Seivane.

Papá Noel comezará o seu percorrido en Lourenzá no centro de día para persoas maiores e a continuación desprazarase ás instalacións do Punto de Atención á Infancia Meniños. Para as seis da tarde está prevista a súa chegada á sala de exposicións da Casa do Concello, onde Papá Noel recibirá cunhas lambetadas a todos os nenos e nenas que se acheguen para entregarlle as súas cartas. Alí haberá tamén actividades de animación con globoflexia e maquillaxe.

Os actos con motivo da visita de Papá Noel a Lourenzá o vindeiro martes rematará coa proxección dunha película dirixida ao público infantil no salón de actos da Casa do Concello.

LOURENZÁ RECIBIRÁ A PAPÁ NOEL O VINDEIRO MARTES, DÍA 23, CON VARIAS ACTIVIDADES PARA NEN@S